Na Plenaria do Comité Confederal de Galicia da CGT do 12 de decembro de 2.009 acordouse a convocatoria do Pleno de Sindicatos ( máximo órgano de decisión da CGT de Galicia) para os días 20 e 21 de Febreiro en Pontevedra. Según os nosos estatutos é preceptivo a celebración dunha asemblea do noso sindicato para poder asistir con acordos a este Pleno.

Así pois, convocáse a todolos/as afiliados/as a Asamblea Extraordinaria de Sindicato de Oficios Varios de Vigo para o vindeiro día 18 de Febreiro de 2.010 ás 19:00 horas.

Para propiciar o debate entre toda a afiliación a Plenaria do Comité Confederal acordou tamén a elaboración dunha serie de Cadernos de Debate que sairán o 11 e 25 de Xaneiro e o 3 de febreiro, e que están a vosa disposición no local do Sindicato.

 

 

Comparte esta entrada ...