O Comité de CGT-Arousa convoca a sección sindical da CGT da conserveira Alfagame a unha asamblea que terá lugar mañá, mércores, día 28 de xullo, na sede do sindicato en Vilagarcía (r/ Baldosa) para valorar o informe da Administración concursal e decidir a acción sindical nas próximas semáns.

O 23 de xullo remataba o prazo para que os administradores concursais de Bernardo Alfageme presentasen ó Xulgado do mercantil nº 3 de Vigo o seu preceptivo informe sobre a situación económica da empresa e recomendacións cara o futuro industrial. Dito informe foi entregado onte, 26 de xullo, ás organización personadas no procedemento concursal, entre elas a CGT.
Ante estes feitos e para valorar este importante documento -que confirma a posibilidade real de manter a produción conserveira na comarca arousán- a CGT de Arousa convoca a sección sindical da conserveira Alfageme a unha Asemblea, que terá lugar o mércores, 28 de xullo, nos locais do sindicato en Vilagarcía, en r/ Baldosa.

CGT-Arousa

Comparte esta entrada ...