Nengunha das catro traballadoras que se viron inmersas no conflicto continúa traballando na ONG.
No mes de setembro de 2010 foi despedida a única traballadora indefinida da entidade utilizando a figura de despido obxectivo, figura regulada polo estatuto dos traballadores que se fixo "popular" pola lectura laxa que dela se fai a través da reforma laboral…
e que permite despedir con 20 días de indemnización por previsión de perdas na empresa.
O mesmo día do xuízo (6 de abril) chegouse a un acordo entre a traballadora e Amarante, pagando esta última os 45 días correspondentes á indemnización por despido improcedente e outras débedas contraídas coa traballadora, como dietas por desprazamentos. É recalcable a condición imposta pola ONG de que no acordo figurara motivos económicos como causa do despido, co fin de poder "cobrar do FOGASA" (Fondo de Garantía Salarial), palabras textuais do asesor da entidade. Unha vez máis fomos testemuñas da utilización de fondos públicos e da aplicación da reforma laboral por parte desta entidade para cubrir necesidades "solidarias".
Tal e como se informou noutros comunicados, no mes de febreiro unha segunda compañeira foi despedida, recoñecéndolle a improcedencia no mesmo momento, por requerimento da Inspección de Traballo e Seguridade Social da provincia da Coruña da conversión do contrato temporal en indefinido. Na acta emitida pola Inspección "advírtese á empresa que deberá aplicar" o Convenio de Oficinas e Despachos da Provincia da Coruña e ingresar as diferencias de cotización existentes na Seguridade Social. A día de hoxe a compañeira ten aberto un proceso xudicial para que se recoñeza a aplicación de dito convenio, proceso ante o que a entidade volveu dar mostras de prepotencia e deixadez ao non presentarse ao acto de conciliación no SMAC.
Cabe destacar que ademais destas dúas traballadoras no momento en que se inciou o conflicto laboral traballaban na empresa dúas persoas máis. A unha delas informárasellle no mes de setembro de que non se lle renovaría o contrato temporal en febreiro e a outra decidiu non renovar na mesma data ante a situación laboral existente.
Despois de sete meses de conflicto seguimos apoiando as accións da compañeira que loita polo recoñecemento dos seus dereitos recollidos no convenio colectivo, tanto xudiciais como as que en cada momento poidan decidirse. Consideramos de todos os xeitos que foron retribuídas parte das demandas feitas durante o proceso, tanto no que respecta aos despidos como ás condicións laborais (exceptuando a anteriormente citada), que melloraron por requerimento da Inspección de Traballo e polas accións de presión e mobilización relizadas polas centrais sindicais CGT e CUT.
Queremos agradecer as innumerables mostras de apoio de tantas traballadoras e compañeiras en todo este proceso sindical e reiteramos unha vez máis que a defensa dos nosos dereitos é a única vía posible contra a precariedade laboral.