CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/acto-en-lembranza-das-vitimas-da-folga-xeral-de-1901/
Export date: Sun Dec 22 23:05:17 2024 / +0000 GMT

Acto en lembranza das vítimas da folga xeral de 1901


PlacamonolitoComo todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas.

Ao remate do acto, trasladarémonos á Avenida de Navarra, para facer outra ofrenda no conxunto escultórico erixido en memoria das vítimas do franquismo.

Máis información sobre so sucesos de 1901: A folga de 1901 1, no blog Memoria Libertaria na Galiza 2.
Links:
  1. http://memorialibertariagaliza.blogspot.com.es/200 8/05/folga-de-1901.html
  2. http://memorialibertariagaliza.blogspot.com.es/
Post date: 2016-05-31 17:29:52
Post date GMT: 2016-05-31 16:29:52

Post modified date: 2016-05-31 17:33:36
Post modified date GMT: 2016-05-31 16:33:36

Export date: Sun Dec 22 23:05:17 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com