post

 

Reproducimos aquí o comunicado do Comité de Empesa, do que forma parte a CGT:

O Comité de Empresa convoca para o mércores 20 de outubro, unha FOLGA DE 24 HORAS

Tras longos meses de advertencias á  dirección sobre a dramática situación que padecemos, e á vista de que non lle importa nada, chegou o tempo de mobilizarse. Todas as reunións e escritos non serviron para que ABAI decidise poñerlle fin a esta escalada de precariedade e acoso.

O martes, 5 de outubro, celebrouse unha reunión extraordinaria, a pedimento do Comité, para tentar, unha vez máis, reconducir a situación, pero a empresa non se comprometeu a tomar ningunha medida significativa que implique unha mellora real, todo a base de vaguidades,promesas e boas palabras que non serven para nada.

En todos estes meses vimos un progresivo deterioro das condicións laborais, incumpríronse os acordos co Comité de Empresa, a carga de traballo non deixou de subir en todos os departamentos, ao ritmo que incrementan as esixencias e os obxectivos. Todo isto acompañado dun empeoramento da formación,que sempre foi escasa, pero que agora por aforrarse minutos é practicamente inexistente.

A  Dirección decidiu declararlle  a guerra  ao persoal a través da degradación sistemática das condicións  laborais, cada día ternos máis presión con auditorias indiscriminadas, obrigación de cubrir infinidade de cuestionarios,  movementos arbitrarios entre departamentos  e cambios unilaterais de incentivos, que provocan un grave prexuízo económico, ao verse reducidas drasticamente as retribucións variables.

É a hora de actuar de maneira colectiva para defender con contundencia os nasos dereitos laborais e o dereito a traballar dignamente. A estratexia depredadora de ABAI é un atentado contras nasas vidas, poñendo en grave risco a nosa saúde, non o podemos permitir!.

O Comité de Empresa chama a todas/os as/os compañeiras/os a secundar a folga de 24 horas, que o teletraballo non sexa un impedimento para demostrarlle á compañía que non estamos dispostas/os a soportar máis os seus abusos.

Coincidindo coa xornada de folga terá lugar unha CONCENTRACIÓN diante do centro de traballo ás 12 horas. É moi importante que todas/os acudamos!

O 20 DE OUTUBRO TODAS/OS Á FOLGA!!

Comité de Empresa en Abai (Extel) da Coruña




Comparte esta entrada ...