CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-xunta-xa-non-ten-escusa-alfageme-solucion/
Export date: Tue Jul 16 14:16:40 2024 / +0000 GMT

A Xunta xa non ten escusa: ¡Alfageme solución!


Unha vez coñecido a principios desta semana o Fallo da Sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra polo que se desestiman todas e cada unha das pretensións formuladas no Recurso interposto por Uwais Ingeniería, suposta testaferra de Alfageme, contra a eficacia dos avais prestados no seu día pola Xunta de Galicia aos créditos concedidos polo Banco Popular e NCG Banco os novos empresarios de Alfageme (a inmobiliaria Promalar), a CGT de Arousa reitera e esixe a reunión urxente coa Consellería de Economía e representantes das traballadoras e traballadores da Empresa, solictada xa a semana pasada, para desbloquear á venta das súas plantas da conserveira en Vilaxoán e Ribadumia.
A reunión faise imprescindible porque o tempo apremia e a Xunta xa non ten a "escusa" que leva utilizando dende hai meses para eludir as súas responsabilidades no apoio político e económico do proxecto de Alfageme que levou a rúa a centos de traballadoras e traballadores. Por isa razón, é xa o momento de que se liberen os avais que desbloqueen a compra das conserveiras de Vilaxoán e Ribadumia polo Consorcio Conservero, e así poñer en marcha as dúas factorías e reiniciar a actividade conserveira con todo o seu persoal nas condicións conqueridas pola CGT de respetar todos os seus dereitos económicos, laboráis e sociais.

CGT-Arousa
Post date: 2012-07-17 13:06:29
Post date GMT: 2012-07-17 12:06:29

Post modified date: 2012-07-17 13:08:42
Post modified date GMT: 2012-07-17 12:08:42

Export date: Tue Jul 16 14:16:40 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com