CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-todolos-traballadores-a-todala-ciudadania/
Export date: Thu Jul 18 10:40:10 2024 / +0000 GMT

A Tódolos traballadores, a tódala ciudadanía


A empresa GAINCA VOZ Y DATOS, S.L. despediu ao traballador Xurxo Gómez, compañeiro militante da CGT.
Xurxo iniciou a súa relación laboral con GAINCA o 6 de agosto de 2007 e o día 17 de marzo de 2008 sufriu un accidente laboral do que aínda recibe asistencia sanitaria na unidade de neurocirurxía.
Dende o principio da baixa, GAINCA presionou ao traballador para que se reincorporase ao traballo. Ante esta presión, Xurxo dirixiuse ao INEM para saber si tiña algún contrato en vigor (pois el non tiña firmado ningún contrato de traballo). A Directora da ofi cina do INEM lle respondeu que non, e que a súa situación pasaba a ser de contrato indefinido.
Dez días máis tarde, GAINCA entregou na ofi cina do INEM un contrato temporal que remataba o 5 de maio de 2008. GAINCA falsificou a firma do traballador neste contrato e Xurxo así llo fiXo ver á empresa o día 21 de abril de 2008, cando llo amosaron para forzalo, unha vez máis, a que se reincorporara ó traballo aínda que non estivese en condicións de poder facelo sen arriscar gravemente a súa integridade física.
¿Por qué tanto empecinamento de GAINCA en que Xurxo se incorporara ó traballo sen estar curado? Porque Xurxo Gómez é o único escalador que teñen na plantilla e prefiren rebentalo antes que contratar a outro. Esta dura realidade é a que se esconde detrás da bonita propaganda de "R".
Xurxo Gómez resistiu esa chantaxe e o día 2 de maio de 2008 denunciou os feitos ante a Inspección de Traballo. O día 20 de maio, GAINCA despide a Xurxo por "disminución continuada y voluntaria en el rendimiento de trabajo durante los meses de febrero, marzo y abril de 2008". (Dende o 17 de marzo Xurxo está de baixa polo accidente laboral)

O Informe emitido pola Inspección non deixa dúbidas:

"... a) La relación con la empresa GAINCA es de carácter indefi nido. Así mismo el Inspector de trabajo estima que ... su despido es nulo.
b) Dada la falsificación de su firma en el contrato de trabajo, dicha falsificación puede caer dentro del ámbito de lo penal.

Se levanta a la empresa acta de infracción por estimarse fraude de ley en el contrato temporal registrado el 17-04-08"

Pese a claridade dos feitos, o Xuíz de instancia declarou o despido improcedente, afirmando que non podía ser nulo porque a empresa xa tiña decidido o despido antes da denuncia na Inspección de Traballo. (¡Ai! ¡As entendedeiras da súa señoría!). A sentencia está recorrida diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Prácticas mafiosas:

Quen firmou o contrato de traballo (coa falsa fi rma de Xurxo) foi o Xefe de Persoal de Gallega de Infraestruturas del Cable SL. Esta empresa e GAINCA fan os traballos de R Cable y Telecomunicaciones de Galicia SA. Os traballadores destas empresas desprázanse en vehículos co anagrama de "R", a súa roupa de traballo os identifica como de "R", etc. etc. ... pero están baixo as condicións das contratas. ¡Así están medrando os beneficios de "R"!
O accionista maioritario de "R" é CAIXANOVA, que posúe o 66% das accións. É, por tanto, CAIXANOVA quen pode remediar esta situación. Quen pode e quen debe, xa que non podemos aceptar que CAIXANOVA consinta estas prácticas delictivas e mafiosas contra traballadores. CAIXANOVA, comprometida socialmente, non pode permitir que se utilicen
os nosos aforros para estas canalladas.
Nós estamos aquí, concentrados diante de CAIXANOVA, para esixirlle que repare esta inxustiza e impoña en "R" o respecto á legalidade laboral e á dignidade dos traballadores.
Para esixir a READMISIÓN INMEDIATA do traballador Xurxo Gómez.
Tamén estamos aquí para rematar coa situación de angustia que vive o traballador, o noso compañeiro Xurxo Gómez. Despedido, en tratamento de neurocirurxía polo accidente laboral sufrido, con familia que manter (ten unha filla de 8 anos) ...



¡¡ GAINCA E GALLEGA DE INFRAESTRUCTURAS AVASALLAN E DESPIDEN,
"R" MEDRA E INCREMENTA OS SEUS BENEFICIOS ... !!
¿¿ CAIXANOVA CONSINTE E TAMÉN SE APROVEITA ??
¡¡ NON O PERMITAMOS. NIN DESPIDOS, NIN REPRESIÓN !!
¡¡ XURXO READMISIÓN !!





CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO


COMITÉ CONFEDERAL DE GALICIA

Post date: 2008-11-28 13:26:28
Post date GMT: 2008-11-28 12:26:28

Post modified date: 2008-11-28 13:33:13
Post modified date GMT: 2008-11-28 12:33:13

Export date: Thu Jul 18 10:40:10 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com