CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-manifestacion-da-cgt-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 9:51:54 2024 / +0000 GMT

A manifestación da CGT na Coruña


Cabeceira da manifestaciónUn poco despóis das 12 do mediodía, un cento de persoas convocadas pola CGT iniciou a manifestación desde a Praza de Pontevedra, na Coruña.

A manifestación iba encabezada por unha pancarta que, en grandes tipos, tiña como lema "Folga Xeral" e recorreu diversas rúas do centro urbano, como as de San Andrés, Nova, Real, Barrera e Pontejos, rematando, á unha da tarde, na Praza do Humor.

Durante o percorrido, botáronse berros contra o capital, os despidos e o paro, así como cántigas e consignas chamando á Folga Xeral.

No remate, o secretario de comunicación da CGT coruñesa fixo unha exposición dos motivos que nos levan a chamar ao resto de traballadores a unha Folga Xeral, estando os catro millóns de parados, os EREs e a malchamada crise capitalista na orixe da necesidade imprescindible da súa convocatoria.
Post date: 2009-05-01 12:59:57
Post date GMT: 2009-05-01 11:59:57

Post modified date: 2009-05-04 17:31:45
Post modified date GMT: 2009-05-04 16:31:45

Export date: Tue Jul 16 9:51:54 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com