CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-roteiro-o-barrio-non-esquece-2020/
Export date: Fri Nov 22 10:43:24 2024 / +0000 GMT

A Coruña: roteiro "o barrio non esquece 2020".




Organizado polo Memorial Libertario das Atochas e pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, o venres, 10 de xullo terá lugar o roteiro deste ano, tamén chamado "Día das Mapoulas Libertarias". Neste roteiro participará tamén a CGT da Coruña.

A primeira parada será no Campo da Rata ás 19:00 horas. Continuará no Clube do Mar (19:40), Monumento Xérmolos (20:00 h), Rúa Marconi (20:25), Biblioteca Veciñal de Monte Alto (20:45), Rúa Liberdade (21:00), Campo de Artillería (21:10) e Praza Cantigas da Terra (21:30).

En cada unha destas paradas farase unha homenaxe aos libertarios coruñeses, mulleres e homes que fixeron da Coruña unha faro de esperanza proletaria no primero terzo do século XX. A CGT da Coruña participará sinaladamente na parada da rúa Marconi.

A CGT da Coruña invita a toda a afiliación, simpatizantes e a todo o pobo da Coruña a participar deste roteiro e a recordar a aqueles mulleres e homes que loitaron por unha sociedade xusta e igualitaria. Invita igualmente a que se difunda este evento.

Comité Local da CGT da Coruña

Post date: 2020-07-06 12:10:41
Post date GMT: 2020-07-06 11:10:41

Post modified date: 2020-07-06 12:10:43
Post modified date GMT: 2020-07-06 11:10:43

Export date: Fri Nov 22 10:43:24 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com