CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-paro-de-24-horas-en-extel/ Export date: Thu Dec 5 2:27:16 2024 / +0000 GMT |
A Coruña. Paro de 24 horas en ExtelExtel, empresa do grupo Adecco e subcontrata de Telefónica-Movistar presentou unha Modificación Substancial Colectiva de Condicións de Traballo. O pasado 11 de maio, iniciouse o período de consultas polo que Extel pretende aplicar unha modificación substancial colectiva que afecta a 857 traballadoras e traballadores en todo o estado, sendo na Coruña 334 afectadas e afectados. Segundo manifesta a empresa, a causa que motiva esta medida, é a comunicación por parte de Telefónica do cambio de horario comercial de atención ao cliente, que pasará a ser de 9:00 a 22:00 horas, de luns a domingo. Centos de traballadoras e traballadores verán modificados os seus horarios e xornadas, nun sector, o de telemárquetin, caracterizado pola precariedade laboral. Para a CGT esta medida obedece unicamente a un intento da empresa de destruír traballo estable, que levará implícito o impedimento de conciliación da vida laboral e familiar para aquelas traballadoras e traballadores que se vexan na necesidade de aceptar os novos horarios e quendas expostas. Ante este ataque á clase traballadora, a CGT, xunto con CIG, convoca unha folga de 24 horas para o vindeiro xoves 18 de maio e unha concentración ás 12:00 horas ante as portas do centro de traballo, no edificio Proa (R/ Enrique Mariñas s/n), en Matogrande. Sección Sindical da CGT en Extel-A Coruña |
Post date: 2017-05-16 09:51:49 Post date GMT: 2017-05-16 08:51:49 Post modified date: 2017-05-16 09:54:24 Post modified date GMT: 2017-05-16 08:54:24 |
Export date: Thu Dec 5 2:27:16 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |