[A Coruña] Luns 28 de xaneiro: paremos Atento
O Comité de Empresa de Atento A Coruña, do que forma parte a CGT, ven de facer público o seguinte comunicado:
"Van xa 8 meses dende que decidimos saír á rúa denunciar a nosa situación. Nese tempo, fixemos paros tódolos luns ata outubro, varias folgas de 24 horas, manifestacións… Finalmente, e grazas ao apoio e esforzo da maioría das compañeiras e compañeiros, o Comité suspendeu as mobilizacións coa sinatura dun acordo no que Atento se comprometía a paliar unha parte importante dos problemas que nos obrigaran a chegar aí. Tras varias reunións de negociación, a empresa deu por resolto o conflito en decembro, decidindo incumprir o acordó na súa maioría, e anunciando que seguiría por ese camiño. Así que de novo estamos como hai oito meses: coa imposición de períodos de vacacións según o novo protocolo, que está a provocar unha marea de demandas nos xulgados, o anuncio de substituír a formación prometida por autoformación, non cumprir coa eliminación como obxectivo dun mínimo de chamadas recibidas, non baixar a presión sobre as pausas e o tempo entre chamadas, non mellorar os fallos nos sistema informáticos, e seguir xerando conflitos e elevando o nivel de estrés do persoal ata enfermarnos… E a todo isto súmanse OITO despidos miserentos e inxustificados desde finais de decembro, os últimos deles coñecidos hoxe mesmo. TODOS baseados en mentiras, e seis deles a persoas que estaban de baixa médica. O Comité de Empresa presentou un conflito colectivo contra a Empresa polo Protocolo de Vacacións e denunciou o incumprimento do acordo. E do mesmo xeito que se decidiu non suspender as mobilizacións o pasado ano ata ter asinado un acordo positivo, decidimos agora retomalas polo incumplimento do mesmo, e polo empeoramento das condicións de traballo. Pero o mais importante, ESTE COMITE DE EMPRESA NON QUEDARÁ SENTADO MENTRES ATENTO VAi EXECUTANDO DESPIDOS INDIVIDUAIS ATA DESMANTELAR O CENTRO DE TRABALLO. Porque sabemos que nada salvo a mobilización masiva poderá impedir que a empresa siga atrevéndose a fulminarnos. Sabemos que hai seccións sindicais que non apoian esta folga, as n1esmas que deixaron de apoiar as mobilizaciós antes de conseguir ningún acordo coa empresa. Pero que non nos enganen: non imos poder evitar mais despidos pola vía administrativa, só coa organización e a unidade de acción, e plantando cara aos abusos. No Comité de Empresa tomouse a decisión mediante votación, e esta foi a opción maioritaria. As actas dos plenos do comité están expostos e á vosa disposición naa cristaleira. NON MÁIS DESPIDOS!! NON MÁIS CHANTAXES!!
LUNS 28.01.2019 |
PARAMOS DE oo:oo A 02:00 H
|
|
PARAMOS DE 12:00 A 14:00 H
|
CONCENTRACIÓN
DIANTE DE ATENTO
|
PARAMOS DE 18:00 A 20:00 H
|
MANIFESTACIÓN
|
|