CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-ferrol-viaxe-reivindicativa-en-tren-a-pontedeume/ Export date: Fri Nov 22 3:27:33 2024 / +0000 GMT |
[A Coruña - Ferrol] Viaxe reivindicativa en tren a PontedeumeA CGT da Coruña apoia á Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, que organiza o sábado 30N unha viaxe viaxe reivindicativa no tren a Pontedeume para defender a mellora da liña A Coruña - Ferrol, a implantación do servizo de cercanías aproveitando a intraestrutura existente, a mellora e potenciación do ferrocarril de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo, a mellora da liña A Coruña - Lugo e a recuperación, en xeral, do ferrocarril convencional. O acto consiste na viaxe a Pontedeume desde Ferrol (8.54) e A Coruña (10.50) con paradas en todas as estacións intermedias. Ás 12.00 sairase en manifestación desde a Estación de Pontedeume ata a Alameda, onde se fará a lectura do manifesto. Os horarios: A Coruña-Pontedeume A Coruña:10:50 Elviña-Universidade:10:55 O Burgo-Santiago:11:03 Cambre:11:09 Cecebre:11:12 Betanzos-Infesta:11:19 Betanzos-Cidade:11:29 Pontedeume: 11:44 Pontedeume - A Coruña Ferrol-Pontedeume Pontedeume - Ferrol É importante que a xente que viaxe desde Cambre ou Cecebre que indiquen a que hora queren volver, xa que hai que habilitar a parada de volta porque habitualmente o tren non ten parada alí. Calquera dúbida enviade unha mensaxe por privado ao facebook da Plataforma. Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2019-11-25 08:59:33 Post date GMT: 2019-11-25 07:59:33 Post modified date: 2019-11-25 09:01:55 Post modified date GMT: 2019-11-25 08:01:55 |
Export date: Fri Nov 22 3:27:33 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |