CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-emerxencia-climatica-xa-o-futuro-e-agora/ Export date: Thu Nov 21 16:16:56 2024 / +0000 GMT |
[A Coruña] Emerxencia climática xa: o futuro é agoraAs grandes corporacións globais que o capitalismo constituíu desde hai moitas décadas: OMC, OCDE, BM, FMI, G-8, G-20, etc., serven exclusivamente para asegurar un modelo de comercio, un modelo de explotación e un modelo de produción e distribución de mercadorías que aseguren unha taxa de ganancia para as persoas poderosas e ricas deste planeta e xamais para satisfacer as necesidades humanas da inmensa maioría da poboación mundial. Os gobernos non son máis que complices deste capitalismo voraz e cobizoso que destruirá este planeta máis pronto que tarde. Interromper a lóxica do movemento "progresista", faise necesario -non soamente urxente pola denominada "emerxencia climática"-, se o que queremos é poñer en valor a vida, o corpo e o territorio e deixar de buscar alternativas falsas (capitalismo verde, transicións xustas as cales non vai permitir o capitalismo...) como as que representa o ecofascismo: garántese a continuidade da vida de certos sectores, pero expúlsase a outros. As persoas temos que cambiar a lóxica do "progreso" que non é senón a lóxica do capitalismo e, para recompoñer o metabolismo social, hai que redistribuír de maneira radical a riqueza, enfrontármonos ao este consumismo destrutor, rediseñar o noso modo de producir e poñer as obrigacións que temos como corpo humano e como especie, nos coidados de todo o corpo social e a especie. Trátase de algo máis que a "loita contra o cambio climático", que leva desde o cume de París ou máis recentemente desde o G7, por parte dos gobernos do mundo, sendo só palabrería e retórica baleira de humanidade. Terminar de maneira radical coa acumulación e coa explotación, á vez que esta debe ser global e colectiva, é a única garantía de que a Vida poida ter algún significado positivo. CGT atópase en primeira liña conxuntamente con millóns de persoas que este 27 de Setembro sairán ás rúas do mundo para gritar e esixir a quen é os responsables do desastre global en que nos atopamos, que basta, que o capitalismo e o seu modelo civilizatorio, teñen que desaparecer. O futuro é agora e é responsabilidade individual e colectiva que exista un mañá, onde as miles de millóns de seres humanos e especies que habitamos este planeta, podamos vivir en equilibrio e ter unha vida digna de ser vivida. Por iso, a CGT da Coruña apoia os actos destes días e, específicamente, a mobilización que terá lugar o venres, 27 de outubro, ñas 20:00 horas, nos Xardís de Méndez Núñez e fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral á participación. Comité Local da Coruña da CGT |
Post date: 2019-09-20 18:14:08 Post date GMT: 2019-09-20 17:14:08 Post modified date: 2019-09-23 19:56:22 Post modified date GMT: 2019-09-23 18:56:22 |
Export date: Thu Nov 21 16:16:56 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |