post

 

As grandes corporacións globais que o capitalismo constituíu desde hai moitas décadas: OMC, OCDE, BM, FMI, G-8, G-20, etc., serven exclusivamente para asegurar un modelo de comercio, un modelo de explotación e un modelo de produción e distribución de mercadorías que aseguren unha taxa de ganancia para as persoas poderosas e ricas deste planeta e xamais para satisfacer as necesidades humanas da inmensa maioría da poboación mundial. Os gobernos non son máis que complices deste capitalismo voraz e cobizoso que destruirá este planeta máis pronto que tarde.

Interromper a lóxica do movemento "progresista", faise necesario -non soamente urxente pola denominada "emerxencia climática"-, se o que queremos é poñer en valor a vida, o corpo e o territorio e deixar de buscar alternativas falsas (capitalismo verde, transicións xustas as cales non vai permitir o capitalismo…) como as que representa o ecofascismo: garántese a continuidade da vida de certos sectores, pero expúlsase a outros.

As persoas temos que cambiar a lóxica do "progreso" que non é senón a lóxica do capitalismo e, para recompoñer o metabolismo social, hai que redistribuír de maneira radical a riqueza, enfrontármonos ao este consumismo destrutor, rediseñar o noso modo de producir e poñer as obrigacións que temos como corpo humano e como especie, nos coidados de todo o corpo social e a especie.

Trátase de algo máis que a "loita contra o cambio climático», que leva desde o cume de París ou máis recentemente desde o G7, por parte dos gobernos do mundo, sendo só palabrería e retórica baleira de humanidade. Terminar de maneira radical coa acumulación e coa explotación, á vez que esta debe ser global e colectiva, é a única garantía de que a Vida poida ter algún significado positivo. CGT atópase en primeira liña conxuntamente con millóns de persoas que este 27 de Setembro sairán ás rúas do mundo para gritar e esixir a quen é os responsables do desastre global en que nos atopamos, que basta, que o capitalismo e o seu modelo civilizatorio, teñen que desaparecer.

O futuro é agora e é responsabilidade individual e colectiva que exista un mañá, onde as miles de millóns de seres humanos e especies que habitamos este planeta, podamos vivir en equilibrio e ter unha vida digna de ser vivida.

Por iso, a CGT da Coruña apoia os actos destes días e, específicamente, a mobilización que terá lugar o venres, 27 de outubro, ñas 20:00 horas, nos Xardís de Méndez Núñez e fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral á participación.

Comité Local da Coruña da CGT




Comparte esta entrada ...