post

 

A CGT da Coruña convoca unha nova concentración diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na Coruña, na rúa de Juan Flórez, o día 23, martes, a partir das 20:00 horas. Con esta concentración a CGT quere seguir manifestando o seu apoio a Fredie, sancionado con 60 días de suspensión de emprego e soldo pola empresa, cuxa única motivación é a de amosar aos traballadores que é ela quen manda e que non está disposta a aturar a traballador@s díscol@s e loitador@s.

A empresa xa debería coñecer á CGT e debería saber que non nos vai amedrentar nin nos van calar. Por iso, continuaremos concentrándonos e denunciando ante a opinión pública as prácticas represivas dunha patronal insaciable.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL!

Comité Local da Coruña CGT

 

Comparte esta entrada ...