CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-asembleas-e-folga-en-extel-contra-as-pretensions-da-empresa/
Export date: Tue Jul 16 17:33:56 2024 / +0000 GMT

A Coruña. Asembleas, concentración e folga en Extel contra as pretensións da empresa




A CGT, tras a actitude da empresa na última reunión falsamente negociadora sobre a modificación substacial das condicións de traballo, decidiu convocar un novo paro de 24 horas en todos os centros de traballo que a empresa ten no estado o mércores día 24. No centro da Coruña, a folga é convocada tamén pola CIG.

A empresa pretende decretar que se traballe o máximo número de fins de semana posibles, que se modifiquen quendas, que se reduza a xornada... En definitiva, a empresa non contempla que os traballadores teñan vida fóra da súa consecución de beneficios empresariais. Con isto, a empresa obriga a renunciar aos postos de traballo ou a traballar en condicións que raian na escravitude. E iso a CGT non o vai consentir.

Para informar do acontecido na reunión, celebrarnase asembleas no edificio sindical de Alfonso Molina, o martes, día 23, ás 12:30 e ás 16:15. Tamén, o mesmo día do paro, o día 24, haberá concentración-pitada diante da tenda de Movistar da Praza de Pontevedra ás 12:00 horas.

SÓ COA NOSA UNIÓN PODEREMOS AMOSAR A NOSA FORZA!


AS NOSAS VIDAS NON SE VENDEN!


CGT da Coruña

Post date: 2017-05-23 07:24:51
Post date GMT: 2017-05-23 06:24:51

Post modified date: 2017-05-23 08:41:16
Post modified date GMT: 2017-05-23 07:41:16

Export date: Tue Jul 16 17:33:56 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com