A nosa compañeira Laura Gómez ten sido este serán posta en liberdade. Logo dunha intensa campaña de solidariedade con multitude de mobilizacións en todo o mundo en esixencia da súa liberación, a nosa compañeira se encontra xa en liberdade e na compañía dos seus familiares, amistades e compañeiros e compañeiras que a recibiron á porta da cadea de Wad-Rass.
A posta en liberdade da compañeira foi decretada pola xuiza cunha inxusta fianza de 6000 euros que Laura e maila CGT de Barcelona teñen decidido cubrir.
Por todo isto, a CGT da Coruña suspende a concentración que estaba prevista para o vindeiro sábado, 19 de maio, ás 12 do mediodía no Obelisco. As mobilizacións da CGT en solidariedade coa compañeira Laura se reanudarán unha vez coñecidas as datas do xuizo ata conseguir a liberdade total, incondicional e sen cargos da nosa compañeira.