RENFE prepara un proceso de formación en idioma portugués e en normativa de circulación ferroviaria portuguesa para habilitar aos seus traballadores e traballadoras de Conducción e Intervención de Vigo para circular cós trenes directos Vigo-Porto-Vigo en todo o seu traxecto, evitando así o cambio de persoal de servizo que agora se realiza en Valenà§a do Minho.
Desde a CGT de Pontevedra se ten remitido carta á Dirección de Recursos Humanos de Viajeros na que mostramos o noso rexeitamento fronte esta decisión, por supor unha reducción considerable dos estándares de seguridade respecto dos trenes de viaxeiros que circulan pola rede ferroviaria española.
Entre as poblacións portuguesas de Valenà§a do Minho e Nine, os trenes circulan baixo bloqueo telefónico e con sinais mecánicas. Esto quere dicir que este tramo, duns 90 Kilómetros, non ten ningún sinal luminoso protexido con balizas de seguridade, dependendo toda a seguridade da circulación no maquinista e nos traballadores e traballadoras portugueses que regulan a circulación do tráfico, mediante a expedición dos trenes entre estacións intercomunicadas por teléfono e a realización manual dos cambios polo persoal de circulación das estacións, que se encontran protexidos por sinais mecánicas que se activan mediante chaves bourés e palancas de accionamento manual. O sistema de seguridade portugués, CONVEL, tan só actúa no vehículo entre Valenà§a e Nine limitando a velocidade do vehículo a 120 Km/h, superada a cal pararía o tren, pero non actúa en caso de rebase dun sinal en indicación de parada, exceso de velocidade ao paso por cambios de vía ou en tramos concretos, pasos a nivel desprotexidos, etc.
Ademáis RENFE pretende obligar a formarse a maquinistas e interventores no idioma portugués, cun curso intensivo que dende a CGT consideramos insuficiente, atendendo ás necesidades de comunicación que calquera incidencia na circulación dun tren con viaxeiros conleva, debendo ter unha fluidez na comunicación cós distintos departamentos cos cales o persoal de servizo no tren debe tratar en caso de incidencia, que un curso intensivo non aporta.
Asemade, dende a CGT non vemos unha mellora sustancial no servizo de viaxeiros prestado na actualidade entre Vigo e Porto que xustifique unha medida que supón unha reducción considerable dos estándares de seguridade có que na actualidade operan os trenes de viaxeiros pola infraestructura ferroviaria galega e que ADIF está tendendo a aumentar, como o demostra o aumento de balizas de seguridade na liña Vigo-A Coruña.
Hai que ter en conta que na actualidade este servizo se ven realizando por persoal de RENFE Operadora e Comboios de Portugal (CP), cada un no seu país, efectuándose o relevo na cidade portuguesa de Valenà§a do Minho, onde os maquinistas portugués e español realizan o relevo de servizo, debendo cambiar do sistema de seguridade español ASFA ao sistema portugués CONVEL, unha operación que conleva unha parada técnica do tren duns 3 minutos, momento que é aproveitado para realizar a mencionada sustitución de traballadores/as. A plantilla de persoal afectado estaría composta por 36 maquinistas e 28 interventores.
A CGT, ante a falta de resposta por parte da dirección de RENFE ao escrito presentado, vai a poñer o asunto en coñecemento do Ministerio de Fomento.