Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza amosamos o noso rexeitamento as novas medidas aprobadas polo Goberno no Consello de Ministros do pasado 22 de Febreiro e publicadas no BOE do 23 de Febreiro e que supoñen avanzar na liberalización do sector ferroviario español ca apertura a competencia dos servizos ferroviarios turísticos o 31 de xullo do 2013 nunha primeira fase, para seguir nunha segunda fase cos trens AVE´s e de Longo Recorrido e nunha terceira e derradeira fase os trens de Proximidade e os Rexionais.
Para CGT-Galiza isto vai a supoñer a destrucción de miles de postos de traballo das empresas públicas RENFE e ADIF e a privatización de moitos servizos ferroviarios, especialmente os de maior rendibilidade, deixando os treitos deficitarios nas mans do estado, para pouco a pouco pechalos co argumento de que custan moito o estado.
Ademais das consecuencias no emprego público, esta privatización vai ter consecuencias negativas na calidade e seguridade do servizo así como un aumento dos prezos dos billetes, como xa pasou en países como Inglaterra ou Arxentina, onde as empresas operadoras privadas, pola falta de inversións en novas infraestructuras e material e co fin de conseguir os maiores beneficios posibles, teñen un sistema ferroviario dos mas caros do mundo e sufriron múltiples accidentes ferroviarios, como o acontecido na estación de Once en Arxentina fixo o 22 de febreiro un ano, onde morreron 51 persoas, apuntando as investigacións segundo as acusacións do Fiscal a que o tren accidentado circulaba en un estado deficiente de mantemento, responsabilidade da empresa concesionaria do servizo, que recibía subsidios que retiñan no seu beneficio, en lugar de facer investimentos.
Peche de Talleres na Área de Mantemento de RENFE.
A Dirección do Área de mantemento do material ferroviario de RENFE, INTEGRIA, propuxo nun documento entregado as organizacións sindicais, o peche de 20 postos de mantemento da súa rede estatal, sendo os mais importantes son os talleres de Salamanca, Granada, Águilas (Murcia), Monforte De Lemos e Venta De Baños (Palencia).
A empresa propón pechar estas instalacións e trasladar os seus traballadores (212 de un total de 3.344) a outros talleres. No caso de Monforte, RENFE quere trasladar os 20 traballadores o taller de Ourense, que na actualidade non conta con carga de traballo suficiente para dar futuro a este aumento no seu cadro de persoal. Dende CGT-Galiza sospeitamos que esta recolocación de traballadores teña como obxectivo a privatización, mediante a venda de talleres de RENFE a multinacionais do sector da fabricación e mantemento de material ferroviario, como Alstom, Bombardier ou Siemens, xa que os plans do goberno pasa por dividir RENFE en 4 empresas, unha dela INTEGRIA, o que mostrou o interés destas empresas privadas.
Dende CGT-Galiza rexeitamos ista proposta, xa que non se informa das causas que motivan estes peches, nin vai acompañada de ningunha garantía de futuro e esiximos da Dirección de RENFE-Integria, un plan de futuro que garanta os postos de traballo dos talleres ferroviarios en Monforte dentro da empresa pública.
Sector Ferroviario da CGT da Galiza