Onte, 5 de xuño, baixo unha intensa chuvia, unha veintena de traballadoras da fábrica de Vilaxoán da conserveira Alfageme e militantes da CGT concentraronse diante da Audiencia Provincial, en Pontevedra, para que se axilice ó máximo a resolución xudicial pendente e, deste xeito, se permita desbloquear o proceso de subasta definitiva das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia para ser adquiridas polo grupo "El Consorcio", nos termos xa pactados ca CGT e as traballadoras: continuidade da actividade conserveira en ambas factorías e o mantemento dos postos de traballo, con todos os seus dereitos, da plantilla de Alfageme na Arousa".
O recurso interposto pola familia Lago -recentemente condeada na figura de Gustavo Lago a cinco anos der inhabilitación como responsable dun "concurso de acreedores culpable" pola súa actuación en Alfageme-, contra os avales por valor de máis de 30 millóns de euros firmados en 2007 e 2009 pola Xunta de Galicia en favor de Alfageme e os Lago, está sendo utilizado pola Consellería de Economía da Xunta de Galicia Galicia para escaquearse da súa responsabilidade e non ter que afrontar as consecuencias de ter apoiado, política e económicamente, os plans da inmobiliaria Promalar para facerse cos solares das fábricas de Alfageme, sinaladamente a de Vigo, pechar as factorías, mandar ao paro a centos de traballadores e adicar os terreos a operación ladrillo.
CGT Pontevedra