CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-propon-a-mellora-do-ferrocarril-rexional-en-lugar-do-despilfarro-da-variante-de-cerdedo/ Export date: Wed Dec 4 8:30:52 2024 / +0000 GMT |
[Vigo] A CGT propón a mellora do ferrocarril rexional en lugar do despilfarro da variante de CerdedoDende o sector ferroviario da CGT en Galicia acabamos de presentar unha proposta para mellorar o servizo ferroviario rexional en Galicia centrado na mellora do servizo de proximidade entre os distintos núcleos urbanos en lugar de destinar o groso dos investimentos á construción do Ave e, concretamente, á variante de Cerdedo que consideramos un malgasto. Como alternativa a esta variante, suxerimos  a continuación do túnel da estación de Urzaiz que inclúa a variante de Porriño e ligazón directamente co eixo atlántico a Portugal e tamén coa liña do Miño. Esiximos que se invista no ferrocarril convencional que pode alcanzar velocidades de 200 quilómetros hora se se modifica o trazado e electrifícanse as liñas. Na rolda de prensa de hoxe, Alberto Díaz, coordinador das plataformas do ferrocarril da CGT, sinalou que está a investirse mal e califico o servizo de alta velocidade como elitista e excluínte, posto que non permite o transporte de mercadorías. As melloras que plantexou permitirían conectar Vigo e Ourense a través da liña do Miño nuns 70 minutos. Invístindo na saida sur de Urzaiz para conectar con Ourense polo Miño acortaríanse vos tempos, logo instalando un intercambiador en Ourense e chegaría a Madrid en 4 horas, un tempo moi competitivo. Ademais da saída sur de Urzaiz cara a Vos Valos, tamén propoñemos a mellora da infraestrutura ferroviaria da liña do Miño coa instalación dunha dobre vía ata As Neves e mellorando o trazado entre esta localidade pontevedresa e Ourense. Suxerimos a implantación dun tren de proximidade entre Vigo, Pontevedra e a universidade que inclúa paradas nos apeadeiros de Chapela, Vos Valos e o polígono das Gándaras. E a construción dun ramal ferroviario para mercadorías entre Guixar e Bouzas. Outra reclamación é a construción da estación intermodal en Urzaiz e a revisión de horarios e frecuencias no eixo atlántico. Non esquecemos as reivindicacións laborais, criticamos os recortes en persoal que se están levando a cabo en Renfe e Adif. |
Post date: 2017-06-13 17:04:43 Post date GMT: 2017-06-13 16:04:43 Post modified date: 2017-06-13 17:05:45 Post modified date GMT: 2017-06-13 16:05:45 |
Export date: Wed Dec 4 8:30:52 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |