A CGT segue de denunciar o continuo desmantelamento de Correos na Coruña: logo de ter quitado 9 seccións de reparto na zona de Os Mallos, Pocomaco, Mesoiro, Elviña, etc, Correos vai a reducir directamente o servizo postal no Centro da cidade.
Para elo, e como preámbulo, ten reducido a unha soa persoa el grupo de traballadores e traballadorqas que viñan facendo o servizo de levarles aos carteiros do centro os paquetes de cartas a isos buzóns verdes que todos coñecemos como "de uso exclusivo del cartero", chamados "os ruteros". Este traballador ten agora que atender e levar esos paquetes a nada menos que a cinco distritos coruñeses, que atenden mais de 40 carteros. Isto é imposible de levar a cabo (agás no caso de que Correos o faga por via aérea, en helicóptero)
Esta medida, está a ocasionar que estos depósitos de correspondencia sexan imposibles de atender en tempo e hora; provocando que parte dos carteiros para paliar ese retraso e gañar tempo, teñan que llevar nos seus carritos unha grande parte deses envíos, ante a presión e "sutilezas" dos seus xefes.
Para paliar un pouco esta medida, os xefes de Correos deciden descargarlle ao "rutero" as chamadas "rutas directas", que son rutas que levaban directamente a torres de vivendas con grande número de pisos, e con porteiro. Isto obriga a que moitos carteiros e carteiras teñan que levar con eles esas "rutas directas", (grandes paquetes de correspondencia destinados a esos grandes edificios), alterando o seu percorrido no reparto para poder entregalos, o que conleva retrasar , agravar e complicar a calidade no reparto.
Ante todo isto, a CGT fai un chamamento á cidadanía coruñesa para non descargar nos carteiros e carteiras a irresponsabilidade que están a demostrar os xefes de Correos có reparto diario e de calidade na nosa cidade, usando a excusa do aforro.
Porque, si o correo segue a chegar a cada casa coruñesa, é exclusivamente grazas á profesionalidade, entrega, honestidade e bó facer dos carteiros e carteiras, que seguen a creer que Correos debe prestar un servizo público e de calidade.
Sindicato Provincial de Correos de A Coruña da CGT