A CGT de Galicia convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral a que participe na manifestación que as Marchas da Dignidade que terá lugar o sábado, día 28 de maio, en Lugo.
A manifestación, que comezará ás 12:00 horas na Praza da Constitución, é un novo berro contra o capitalismo e os lacaios do capital, os gobernos, que están impoñendo este sistema de inxustiza e explotación á maioría da sociedade.
Este sábado levantaremos unha Muralla de Dignidade contra todos aqueles que oprimen e asoballan ao pobo.
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE
Secretariado Permanente da CGT de Galicia