A CGT de Galicia ante o coronavirus
O Secretariado Permanante da CGT de Galicia, ante
a crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID C-19, quere
manifestar á clase obreira e ao conxunto da opinión pública o
seguinte:
-
As empresas teñen a obriga de velar polas
condicións sanitarias nas que os seus cadros de persoal realizan as
súas tarefas, independentemente das instrucións concretas que
podan emanar dos poderes públicos. Para a CGT,
a aplicación destas medidas non poden supoñer ningunha merma nos
dereitos laborais e retributivos dos traballadores e traballadoras.
-
Estanse detectando numerosas empresas (incluso
públicas) nas que as medidas son insuficientes e mesmo
inexistentes. Cuestións tan básicas como o establecemento da
distancia de seguridade, ou a de extremar as medidas en centros de
traballo onde xa se produciron casos de contaxio son inexistentes
nalgunhas empresas de telemárquetin, de talleres de confección,
empresas con producción en cadea ou en Correos. A CGT
esixe o establecemento inmediato de medidas de protección.
-
Nesta situación é absolutamente lexítima a aplicación, por parte
da representación laboral, do artigo 21 da Lei de Prevención de
Riscos Laborais, no que se establece a paralización da produción
ao non cumprirse a recomendacións e esixencias en materia de saúde
laboral establecidas polos gobernos central e da Xunta de Galicia.
-
No caso de aplicacións de ERTES, a CGT
valora positivamente o aprobado hoxe polo
Consello de Ministros, no sentido de que teñan dereito a prestación
incluso os que non teñan cotizado abondo e que non se consuman os
períodos de desemprego, pero defende que se deben garantir as
retribucións totais do persoal afectado, e non só a prestación
por desemprego.
-
A CGT
rexeita que situacións eventuais que se poidan producir nas
relacións laborais (por exemplo, o traballo no domicilio) se poidan
consolidar como definitivas e, polo tanto, estas situacións deben
rematar en canto finalice a crise sanitaria.
-
Estanse detectando numerosas situacións de
abusos por parte das empresas, que aproveitan a situación para
forzar excedencias e vacacións aparentemente voluntarias,
beneficiándose da situación de necesidade
de moitos traballadores e traballadoras que teñen que permanecer
nos seus domicilios por coidado de menores ou maiores ao seu cargo.
A CGT
denunciará ditos abusos, xa que considera que estas situacións
deben ser obxecto de negociación colectiva, evitando pacto
individual derivado da debilidade dos
traballadores.
-
A CGT
de Galicia reclama que os traballadores e traballadoras do réxime
de autónomos, que non teñan empregados, sexan exonerados da
cotización mentres dure a crise sanitaria.
A CGT de Galicia fai un chamamento para que se denuncien fetos abusivos por parte das empresas e para que se faga fronte firmemente á inacción de estas. A saúde vainos nisto a todos e todas!
Secretariado Permanente da CGT de Galicia
|