A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 21 de xuño na «Marea Branca» convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema «A sanidade non se vende, deféndese!» esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1015 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, …