CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-da-coruna-apoia-a-concentracion-polas-pensions-do-dia-17/ Export date: Sat Nov 23 14:09:43 2024 / +0000 GMT |
A CGT da Coruña apoia a concentración polas pensións do día 17A CGT da Coruña acordou manifestar o seu apoio á concentración convocada para o próximo sábado, día 17, ás 12:00 horas, no Obelisco da Coruña, en defensa do sistema público de pensións. O sistema de pensións ven sendo saqueado polas elites políticas e económicas do país a través das últimas reformas que foron, a do PSOE que retrasou a idade de xubilación, e a do PP que modificou o sistema de cálculo da revalorización, deixándoo nun miserento 0,25% anual. Ao mesmo tempo, os poderes políticos e financeiros promocionan os sistemas privados de pensións metendo medo aos traballadores e intentando convencelos de que o sistema actual non é sostible. Para a CGT, o mantemento dun sistema xusto, solidario e público cunhas pensións suficientes para levar unha vida digna é posible sen ningunha dificultade. Cando se pode rescatar á banca, cando se lle rebaixan as cotizacións ás empresas, cando se recortan os impostos aos poderosos, cando se saquea a caixa de reservas da Seguridade Social, en realidade o que están facendo é eliminar a financiación do sistema de pensións e fomentar o sistema privado, inxusto, insolidario e de solvencia dubidosa. Por isto, a CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e poboación traballadora en xeral para que apoien esta convocatoria. Por que é xusto e impresdindible. Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2018-03-13 18:24:58 Post date GMT: 2018-03-13 17:24:58 Post modified date: 2018-03-13 18:24:58 Post modified date GMT: 2018-03-13 17:24:58 |
Export date: Sat Nov 23 14:09:43 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |