CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-convoca-paros-en-atento-e-extel/
Export date: Thu Aug 15 2:20:45 2024 / +0000 GMT

A CGT convoca paros en Atento e Extel


O próximo martes 5 de maio, os traballadores de Atento a nivel estatal e de Extel en Coruña e Zaragoza, están chamados a un paro dunha hora por quenda (de 00:00 a 1:00, de 12:00 a 13:00 e de 19:00 a 20:00 horas), para esixir que se poña fin ás deplorables condicións laborais ás que están sometidos: sancións, cambios correspondentes a capricho da empresa (sen tan sequera respectar os dereitos de conciliación das persoas con redución de xornada por motivos familiares), exhaustivo control do traballo con constantes auditorías e gravacións indiscriminadas, xornadas moi pequenas, uns salarios moi baixos, todo iso unido a unha constante inestabilidade laboral, só no último mes producíronse 17 despedimentos no centro de Atento na Coruña.

Tanto Atento como Extel nos seus centros de traballo da Coruña só prestan servizo para Telefónica-Movistar (coñecedor e igualmente responsable desta situación) e aínda que as empresas son diferentes, as tácticas que utilizan para someter e explotar os seus traballadores son as mesmas: presión excesiva, acoso, ameazas, constantes despedimentos, co único fin de aumentar os seus beneficios aínda que sexa a custa da saúde dos traballadores.
Durante os paros, e baixo o lema "Se te explotan, explota" os traballadores, convocados pola CGT, concentraranse ás 12 e ás 19 horas diante dos centros de traballo respectivos (Atento: r/ Juan Flórez 80-82; e Extel: Enrique Mariñas s/n - Matogrande, da Coruña) onde se levará a cabo un acto reivindicativo.

Seccións Sindicais de Atento e Extel na Coruña

Post date: 2015-05-01 10:37:41
Post date GMT: 2015-05-01 09:37:41

Post modified date: 2015-05-01 16:46:53
Post modified date GMT: 2015-05-01 15:46:53

Export date: Thu Aug 15 2:20:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com