Abante B.P.O. é unha empresa implantada en Lugo desde o año 2002, dedicada ao telemárquetin e que conta cun cadro de persoal de 330 traballador@s, onde o Comité de Empresa sempre estivo dominado, con maioría absoluta, por CC.OO.
Recentemente, un grupo decidiu organizarse na CGT e presentarse como tal nas eleccións sindicais deste ano.
Onte celebráronse as eleccións sindicais na empresa, onde se elixiron 13 delegad@s ao Comité que quedaron distribuidos da seguinte maneira:
- CIG, 4 delegad@s
- CGT, 3 delegad@s
- UGT, 3 delegad@s
- CC.OO., 3 delegad@s
Con este resultado, ábrese unha nova etapa na empresa que é un expoñente do avance na implantación da CGT en Galicia.
Sección Sindical CGT Abante Lugo