CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-asemblea-xeral-de-navantia-ferrol-rexeita-a-proposta-para-futuras-convocatorias-de-prazas/ Export date: Thu Dec 26 2:32:16 2024 / +0000 GMT |
A asemblea xeral de Navantia-Ferrol rexeita a proposta para futuras convocatorias de prazasOnte, luns 7, celebrouse en Navantia-Ferrol unha asemblea xeral da principal para debater o acordo alcanzado na Comisión Central de Emprego sobre os procesos das futuras convocatorias de prazas de ingreso en Navantia. Só CCOO defendeu o acordo. A CGT, CIG e MAS opuxémonos. A sentenza da asemblea foi inapelable: a gran maioría dos traballadores pronunciouse en contra. Para contar os votos a favor chegaron os dedos dunha soa persoa (e sobraron algúns). A CGT expuxo na asemblea os principais motivos que nos levan a rexeitar a proposta:
A CGT cre que a cuestión da subxectividade e os numerosos problemas causados por RRHH de Navantia nos procesos de novos ingresos son un problema sindical de primeira orde e que é necesario abordalo sindicalmente con toda determinación, para poñer fin ás arbitrariedades e garantir os procesos obxectivos e transparentes que debe haber nunha empresa pública. Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia - Ferrol |
Post date: 2021-06-08 07:07:00 Post date GMT: 2021-06-08 06:07:00 Post modified date: 2021-06-10 07:13:54 Post modified date GMT: 2021-06-10 06:13:54 |
Export date: Thu Dec 26 2:32:16 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |