Hoxe, 19 de decembro, as dúas delegadas de CGT no Comité de Empresa do Centro de Traballo de Vilaxoan (antes Conservas Peña) da conserveira Bernardo Alfageme e as traballadoras da Sección Sindical da CGT, decidimos manter o peche na fábrica iniciado onte, cando íamos comezar o último período das vacacións anuais. Esiximos cobrar os salarios que nos deben de novembro e a paga extra e manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos actuais propietarios de Alfageme: a inmobiliaria Promalar.
Aínda no fai dous meses que os membros dos Comités de Empresa de CIG, UGT e CCOO asinaron diante da Consellería de Traballo, o IGAPE e a Empresa, seu apoio ó Plan de Viabilidade empresaria, pese á votación en contra da maioría dos traballadores e traballadoras de Vigo e a representación da CGT en Vilaxoan. Dito Plan contempla o peche das plantas de Vigo e O Grove, o despido incentivado de máis de 60 traballadores de Vigo e O Grove e o traslado da plantilla restante a Vilaxoan.
Foi a CGT o único sindicato que votou en contra de este fraudulento Plan, alertando que tentar levalo a cabo poñería en perigo a continuidade dos catro Centros de Traballo de Alfageme. E nesas estamos. A ameaza da quebra xeralizada é tan real como o intento da Empresa por executala en canto se lle garante que pode dispor do solar principal da rúa Tomás A. Alonso en Vigo, a concesión portuaria, etc.
Por estas razóns as traballadoras representantes da CGT continuarán pechadas en Alfageme-Vilaxoan ata non se garante a continuidade da Empresa conserveira, a actividade productiva e o abono dos salarios endebedados.
En Vilaxoan, 19 de decembro de 2009
CGT – Pontevedra, Arousa