O PERSOAL DE CORREOS ESTAMOS EN FOLGA E SOLICITAMOS A TÚA SOLIDARIDADE.
DIFUNDE ESTA INFORMACIÓN, ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS:
- 26 FEBREIRO, 09:30 OFICINA PRINCIPAL DE CORREOS, FERROL
- 26 FEBREIRO, 12:30 OBELISCO, A CORUÑA
- 5 MARZO, 12:00 MANIFESTACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA, SAÍDA DA PRAZA ROXA. (PARA ESTA CONCENTRACIÓN CONTAREMOS CUN SERVIZO DE BUS DENDE A CORUÑA)
A negociación do convenio está aberta e o persoal de Correos temos que dicir alto e claro que necesitamos mellorar as nosas condicións laborais e que nos non podemos pagar as súas crises. Os carteiros, as carteiras, o persoal de atención e de clasificación xa levamos anos sufrindo recortes duros e drásticos.
Por poñer algún exemplo, dende o ano 2011, o persoal de Correos:
- Sufrimos a eliminación de 20000 postos de traballo
- Perdemos case un 25% de salario real en relación ao custe da vida
- Seguimos sufrindo descontos por enfermar
- DobRamos e recargamos barrios todo o ano
- Xeralizáronse ás xornadas parciais na tarde, en ATC e nos CTAs
- Emprégase o III convenio para recortar permisos, vacacións etc.
¿Tendo en conta estes precedentes, de verdade pretenden recortar aínda máis as nosas condicións laborais? Pretenden reducir o persoal por medio de prexubilacións totalmente insuficientes, flexibilizar xornadas, facer unha bolsa de horas a libre disposición da empresa, crear xornadas de martes sábado, fomentar a tarde, mobilidades xeográficas e funcionais á carta… etc, tal como acordaron no infame “ACUERDO MARCO”. E por moito que insistan, o acordo non aclara a voluntariedade desas medidas.
¿De verdade alguén pretende afirmar que a “solución” de Correos é empeorar aínda mais as nosas condicións de traballo? ¿Recortar de novo por abaixo?
NON PODEMOS PERMITILO! E NINGUÉN NOS VAI REGALAR NADA, TOCA LOITAR!
- POR UNHA RECUPERACIÓN SALARIAL REAL
- POLO FIN DOS DESCONTOS POR ENFERMAR E DAS DENEGACIÓNS DE PERMISOS
- POLA XORNADA DE 35 HORAS DE OFICIO
- POLOS HORARIOS E TURNOS VOLUNTARIOS E ESTABLES
- POR UN PLAN DE XUBILACIÓNS ANTICIPADAS DIGNO
- POLA INTEGRACIÓN NO EBEP
- POLA POSIBILIDADE DE TRASLADOS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
- POLA CONVERSIÓN DAS XORNADAS PARCIAIS EN COMPLETAS
- POR UNHAS MELLORAS CONCRETAS PARA O PERSOAL RURAL
- ETC…
O 26 DE FEBREIRO, O 5 E O 14 DE MARZO:
TOD@S Á FOLGA POR UN FUTURO DIGNO!
Sección Sindical CGT Correos – A Coruña
