A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra fai un chamamento ás traballadoras/es asalariadas e empregados do Estado español no ámbito do concello de Pontevedra, a realizar o día 14 de marzo unha folga de 24h en solidariedade con Palestina, para parar o xenocidio, os crimes de guerra e lesa humanidade que ven executando Israel, coa complicidade activa e financiación da súa actividade criminal do goberno da Unión Europea e o estado español.
Ámbito da folga, limitado ó concello de Pontevedra:
- Administración central do Estado
- Administración autonómica, Xunta de Galicia
- Deputación de Pontevedra
- Concello de Pontevedra
- Centros educativos de Ensino Secundario e Formación Profesional
- Centros universitarios
- Oficinas e centros de Correos S.L.
Exiximos o estado e as súas administracións central, autonómica e locais, institutos, centros universitarios e dependencias de Correos nas que exercemos o noso traballo para que, no noso nome e o da sociedade pontevedresa, declaren e leven a efecto a ruptura inmediata con Israel en todos os ámbitos, diplomáticos, políticos, económicos ou comerciais e procedan a sancionar e embargar a todas as empresas, públicas ou privadas, que manteñan e amparen o comercio de armas con Israel ou colaboren na colonización ilegal de terras palestinas, particularmente nas zonas ocupadas militarmente.
CGT – Pontevedra