post

 

A Sección Sindical de Correos na Coruña ven de sacar un novo «Buzón Rebelde», a súa revista, neste caso un especial verán que repasa toda a actualidade na empresa. O contido é o seguinte:

  • Propoñemos a recuperación da banca postal pública e esiximos aumentar o coidado na entrega de comunciacións.
  • Sancionada xefa con falta moi grave por manipular notificacións tras a denunca de CGT Correos.
  • Publicado Informe Anual 2020: eventualidade elevadísima e aumento das queixas e reclamacións.
  • Visto nas redes.
  • Salarios: pendente a suba do 0,9% para o 2021. Perderemos diñeiro outra vez este ano.
  • Caos e confusión na recollida de datos ao persoal rural.
  • Finaliza con acordo a folga máis longa da historia de Correos: 65 días en Sabadell.
  • O (bochornoso) coste dunha «formación» practicamente inútil en 2020: 2.909.298,67 euros.
  • Contra o negocio sindical, a solidariedade e a axuda mutua: temario completo, libre e gratuito para o exame do 12S.

Pódese abrir ou descargar a revista picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical da CGT en Correos – A Coruña




Comparte esta entrada ...