A CGT de Pontevedra e Vilagarcía acordou integrarse en Pontevedra na Rede Galega Anticapitalista (Ra!), conformada actualmente por unha veintena de organizacións e colectivos sindicais, agrarias, ecoloxistas, feministas, de cooperación e solidarias.
O 26 de marzo, tivo lugar na Sá Sargadelos de Pontevedra unha roda de prensa para presentar a organización local da Rede Galega Anticapitalista e o calendario de actuacións para os días vindeiros. Interviñeron Xan Hermida (Amarante), Miguel Ángel Cuña (CGT-Pontevedra) e Pilar Álvarez (Marcha Mundial das Mulleres).
Para a Ra! a actual crise económica e unha consecuencia inevitable dun modelo económico, político e social brutalmente inxusto, insostible e insufrible. A organización capitalista hoxe hexemónica en todo o planeta, destrúe e contamina o planeta, exclúe a centros de millóns de persoas, vulnera os dereitos humanos, non respeta as necesidades elementais de saúde, liberdade, educación e xustiza.
Por estas razóns constituímos en Pontevedra a Rede Anticapitalista, como unha alianza do movemento social en Galicia para dar a batalla a este capitalismo e a súa organización económica, social e política e para evitar que a saída a crise actual derive nunca renovación das mesmas prácticas e inxustizas que nos trouxeron ate esquí.
A primeira acción da Rede Anticapitalista está prevista para este sábado, 28 de marzo, na praza do Toural en Santiago, coincidindo coa celebración da Cumio do G-20, que pretende lexitimar o roubo bimillonario feito a humanidade polos especuladores financeiros. Tamén está prevista a instalación dunha mesa informativa na praza da Peregrina o 2 de abril.