post

 

Organizadas polo Ateneo Libertario de Pontevedra, coa colaboración de CGT, terá lugar en Pontevedra, durante os meses de marzo e abril, a celebración dunha Exposición e diversos actos en homenaxe ó gran anarquista ruso Piotr Kropotkin (Moscú, 1842 – Dmitrov, 1921) con motivo de l00 cabodano de súa morte.

As proxeccións fílmicas, o club de lectura e o obradoiro de cartaces terán lugar na sede do Ateneo Libertario de Pontevedra (rúa Pasantería 1, 3o andar), mentras a Exposición e as charlas terán lugar na Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas (r/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12). 

Programa

25 de marzo, ás 19:00h – Inauguración da Exposición na Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas. Presentación a cargo de Anna Kulyk e Miguel Á. Cuña + Actuación musical de Adán e Clarisa.

Na Exposición: libros e debuxos de Piotr Kropotkin; xornais, revistas e fotos de finais do século XIX e comezos do XX; obras orixinais de Anna Kulyk, Adán Solla, Clarisa Pereira, Grupo Anarquista Higinio Carrocera e outros artistas anónimos; material audiovisual de Herman Axelbank e do funeral de Kropotkin (autores descoñecidos).

A través das fotografías, mapas, pinturas, panfletos, cartaces, debuxos, xornais, arquivo audiovisual, libros, obras orixinais feitas polo Ateneo e todo tipo de materiais relacionados coa vida e a obra de Kropotkin -e do movemento anarquista internacional entre 1842 e 1921 (e máis alá)-, amósanse os acontecementos destacados da súa vida, así como se resaltan as súas ideas e reflexións sobre os asuntos máis importantes do seu tempo -e aínda actuais no noso-: o cárcere, a loita revolucionaria, o concepto de anarquismo, o antimilitarismo ou a importancia do apoio mutuo para o desenvolvemento humano.

26 de marzo, ás 19:00h – Charla, a cargo do historiador Eliseo Fernández: "Kropotkin na Galiza: recepción e influencia do pensamento kropotkiniano no anarquismo Galego".

27 de marzo, ás 19:00h – Charla a cargo de Jordi Maiz: "El anarquismo de Piotr Kropotkin (1842-1921): activismo, compromiso y legado". Jordi Maiz é historiador e profesor en Baleares da UNED e Instituto, autor entre outros libros de "El otoño de Kropotkin. Entre guerras y revoluciones (1905 – 1921)

7 de abril, ás 19:00h – Proxección do film "Winstanley" (Kevin Brownlow, 1975, Inglaterra, 95 min.)

14 de abril, de 16:00h a 22:00h – "Obradoiro de fabricación de cartaces", Alouette machine. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas. 

21 de abril, ás 19:00h – Proxección "Casas Viejas: el grito del sur" (Basilio Martín Patino, 1997, España, 62 min.)

28 de abril, ás 19:00h – Clube de lectura "O apoio mutuo. Un factor de evolución".

1 de maio, ás 20:00h – Concerto: Columna vegana (PoP LiBertario) + artista invitada. Lugar do concerto pendente de confirmación.

Mes de maio – Pendentes de confirmación palestras, obradoiros, proxeccións e  lecturas.

 Os venres, 9, 16, 23 e 30 de abril, a partir das 19:00h, haberá visitas guiadas da Exposición, a cargo do Ateneo Libertario de Pontevedra. A Exposición "Kropotkin" permanecerá aberta ó público na Sala VerSus, de martes a venres dende as 5,30h da tarde a 21:00h.

Ateneo Libertario de Pontevedra

CGT Pontevedra




Comparte esta entrada ...