A CGT da Coruña apoia o acto convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para recorda-la fuga do Portiño, feito que tivo lugar hai 70 anos.

O acto terá lugar no peirao do Portiño o venres, día 9, ás 19:30 horas e forma parte dos actos que a Comisión para a recuperación da memoria arrebatada polo fascismo.

A CGT coruñesa asinou, con outras organización, unha taboa de peticións para presentar no concello da Coruña, na que se pide, entre outras cousas a eliminación do noménclator franquista, así como a retirada dos homenaxes e nomeamentos que ó dictador Franco lle fixo o concello fascista.

CGT da Coruña.

Comparte esta entrada ...