A CGT da Coruña quere amosar o seu apoio solidario co cadro de persoal de Alcoa, que se atopan cun ataque do capitalismo máis voraz e depredador. Máis de 600 familias, entre traballador@s direct@s e indirect@s están vendo perigar o seu sustento pola decisión salvaxe dunha patronal que, axudada polas decisións políticas que foron favorecendo a súa impunidade, decide que hai outr@s traballador@s noutra parte do mundo que aínda poden ser máis expremidos que @s de aquí.
Por iso, a CGT da Coruña anima a toda a súa afiliación e simpatizantes, e ao pobo traballador coruñés, a que acudan á manifestación que terá lugar o próximo día 29, luns desde a factoría de Alcoa ata a Delegación do Goberno da Coruña, a partir das 17:30, e que fará unha parada na Praza da Palloza para unirse a tod@s os que queiran apoiar.
ALCOA NON SE PECHA!
UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN!
Comité Local da CGT da Coruña