post

 

O vindeiro sábado, 8 de setembro, vai ter lugar a I Marcha pola dignidade dos medios públicos. Marcha convocada de xeito conxunto polo Comité Intercentros da CRTVG e polo Comité de Empresa da CRTVE en Gz.

Dende esta Sección Sindical, como non podía ser doutro xeito, animámosvos a que participedes nesta mobilización.

Unha vez mais temos que insistir na necesidade de que, nunha sociedade que se considere democrática, deben existir uns medios de comunicación públicos que sexan plurais, independentes e fiables.

Se tamén temos en conta o contexto actual, onde nos chega información por multitude de canais, en moitos casos sen contrastar, ou deliberadamente falsas (fake news) é indispensable contar cuns medios públicos de comunicación fortes e independentes, que sexan un referente informativo.

Xa levamos demasiado tempo denunciando as inxerencias dos Gobernantes tanto na CRTVG como na CRTVE: manipulando os contidos, tanto presionando as persoas traballadoras como metendo a tixeira directamente, quitándonos o noso traballo para darllo a Empresas Externas, reducindo a plantilla, non contratando para cubrir baixas/vacacións,… en definitiva, facendo todo o preciso para reducir o Público (de todos/as) en beneficio do Privado (dos seus), da igual o seu custo económico e social, "que amigos son de xestionar o Público, os que queren privatizalo todo (El Roto)".

Por todo isto, dende a CGT en RTVE Gz apostamos pola unidade de acción, non so dos Sindicatos, non só das persoas traballadoras da CRTVG e da CRTVE, senón da sociedade en xeral.

Únete e loita, vémonos o sábado 8.

Sección Sindical de CGT en RTVE  en Galicia

Comparte esta entrada ...