post

 

O 7 de maio, a CGT convoca paros dunha hora en todo o Estado
Nos últimos meses Atento despediu a máis dun centenar de traballadores e traballadoras en España -moitas delas en situación de baixa médica ou que tiveran baixas de curta duración- co único fin de destruír os postos de traballo para crear outros aínda máis precarios, ou sobrecargar os xa existentes.
Ademais a empresa incrementou as presións e intensificou o xa exhaustivo control a unhas traballadoras e traballadores que xa viñan padecendo unhas condicións laborais pésimas e insalubres.
Por todo isto a CGT convocou un paro dunha hora por quenda de 0 a 1, de 11 a 12 de 17 a 18 horas En todos os centros de Atento Teleservicios e nos centros de Madrid e Coruña en Atento Holdco.
Na Coruña, durante os paros terán lugar concentracións na porta do centro de traballo (R/ Juan Flórez) ás 11.00 e ás 17.00 horas, para protestar e esixir o cesamento dos despedimentos e abusos laborais.
A Coruña, 4 de maio de 2018

Sección Sindical de CGT Atento-A Coruña

Comparte esta entrada ...