post

 

Nos últimos meses Atento despediu a unha ducia de compañeiras e compañeiros, ben a base de mentiras con despedimentos disciplinarios, ben aproveitando as baixas médicas de curta duración (art. 52 d) do Estatuto dos Traballadores), baixas das que a propia empresa é responsable debido as condicións laborais ás que somete ao persoal, cunha carga de traballo cada vez máis insoportable.

A isto hai que engadir as constantes presións e abusos diarios, cambios contínuos nos obxectivos, falta de formación, esixencias inalcanzables, condicións ambientais deficientes e insanas, e ter que aturar imposicións como as cacicadas coas vacacións e a «Gestión del dessempeño».

Por todo isto, a CGT e a CIG acordaron convocar unha concentración solidaria o próximo venres, día 23, ás 12:00 horas diante do centro de traballo, e outra protesta o martes 27, convocando nesta ocasión paros laborais dunha hora por quenda, de 0;00 a 1:00, de 12:00 a 13:00 e de 19:00 a 20:00 horas.

Sección Sindical de CGT en Atento- A Coruña

Comparte esta entrada ...