Ante os graves acontecementos dos últimos días en Cataluña, especialmente o pasado 1 de outubro, a CGT da Coruña manifesta o seguinte:
a) A máis absoluta condena da violencia represiva do Estado a través da Policía Nacional e Garda Civil, totalmente innecesaria ante poboación en actitude pacífica. Isto non significa a santificación dos Mossos d" Esquadra, expertos e significados represores en outras ocasións.
b) A nosa solidariedade coa clase traballadora de Cataluña, chamada a secundar unha Folga Xeral convocada pola CGT para o día 3 de outubro:Â Comunicado do SP do Comité Confederal da CGT de CatalunyaÂ
A Coruña, 2 de outubro de 2017
Comité Local da CGT da Coruña