A CGT de Pontevedra renova un ano máis o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2017 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán., convocada pola APDR.
A manifestación sairá este sábado, 3 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar.
No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o seguinte texto:
A toda a afiliación de CGT-Pontevedra, amigos e simpatizantes …
a todas as organizacións e entidades sociais e persoas interesadas …
a tódalas víctimas da irracionalidade do capitalismo salvaxe:
"O TRABALLO CREA RIQUEZA. O CAPITALISMO SALVAXE A DESTRÚE. EN DEFENSA DO TRABALLO, A SAÚDE PÚBLICA E O DISFRUTE SOCIAL DA RIQUEZA: ENCE-ELNOSA FORA DA RÍA"
Os propietarios de ENCE, entre outros representantes do capitalismo salvaxe, son quen de dictar e impoñer en beneficio propio á clase política hexemónica deste país as políticas industriais, económicas e ambientais que han de levar a cabo.
O pasado ano o goberno do Partido Popular aprobou a concesión de forma fraudulenta e vergoñenta dunha prórroga de 60 anos á fábrica de pasta de papel de ENCE en Lourizán. Agora, o goberno do PP da Xunta de Galicia semella estar disposto a prorrogar tamén o uso do mercurio na electroquímica ELNOSA. Nada lle preocupa que a lexislación europea prohíba o uso desta tecnoloxía de cátodo de mercurio para a fabricación de cloro, polo gran ameaza ambiental que representa e o grave risco sanitario e de saúde pública que supoñen os inevitabeis vertidos e emisións deste metal á Ría e o medio ambiente.
Nesta situación temos que redoblar esforzos para impoñer o peche das dúas fábricas e restaurar o daño producido nas rías, xa que os perxuicios causados a saúde da poboación pontevedresa non os podemos reparar, ainda que tampouco esquecer.
Un dos feitos máis importantes que diferencian á CGT de outras organizacións é que a CGT é un sindicato "finalista", cuxa actividade sindical ten o doble obxectivo de, por unha banda, mellorar día a día as condicións laborais, económicas e sociais da clase traballadora e, por outra, lograr unha sociedade máis xusta que a actual, na que os bens da natureza e a riqueza colectivamente producida sexan por todos disfrutados, sen privilexios nin desigualdades, para deixar ós nosos fillos un mundo mellor do que herdamos.
Na CGT os traballadores, sexa cal fora a súa condición particular, unímonos para levar a cabo de xeito cotiá esa loita final. Por isto, na CGT a acción estrictamente sindical nas empresas e a acción social e cívica en defensa da natureza, da saúde, da vivenda, da solidariedade social son só dos aspectos dunha mesma loita.
Esta é a razón de que sexa a CGT a única organización sindical que en Pontevedra convoca e participa cada ano, sen ambaxes, na esixencia do peche de ENCE – ELNOSA en Lourizán
A construción do complexo industrial de Celulosas sobre o banco marisqueiro de Lourizán impuxo a perda de innumerables postos de traballo e a destrución da ría. ENCE – ELNOSA contamina, atenta permanentemente contra a saúde dos traballadores, as súas familias e veciños de toda a Ría, destrúe delictivamente a riqueza marisqueira e pesqueira, impide o saneamento integral da Ría, empobrece o monte galego e asfixia económica e socialmente unha inmensa área de grandes posibilidades.
A CGT alenta ós traballadores e traballadoras pontevedreses para dicir xuntos que non toleraremos que a Ría -a casa natural que compartimos cos nosos fillos, veciños e amigos- continúe a ser privatizada e contaminada pola presenza de ENCE-ElNOSA.
Na CGT todas as decisións adóptanse na asamblea do sindicato, sen xefes nin burocracias; se declara libertaria e non autoritaria; federalista e non centralista; internacionalista, sen outra patria que a da clase traballadora e cuxo fin último e primeiro non é outro que a transformación da sociedade, para acabar coa inxustiza social, a discriminación económica e a explotación en calqueira das súas formas.
Se compartes con nós estes plantexamentos sindicais e sociais, necesitamos do teu compromiso.
Afíliate á CGT para loitar xuntos, libres e solidariamente, contra este réxime social, político e económico que nos rouba e empobrece.
Comité Local de Pontevedra da CGT, xuño 2017