Resultado de imagen de cgt convenioA CGT chama as traballadoras e traballadores do sector dos centros de chamadas a secundar o primeiro dos paros laborais convocados -xunto con outros sindicatos- debido ao estancamento na negociación do convenio estatal (xa son máis de 21 meses de burlas e atrancos da patronal -ACE-) e reivindicando melloras sustanciais no tocante a contratación, conciliación, prevención de riscos laborais e salario, entre outras materias.

Os paros son de dúas horas por quenda de traballo o xoves, día 22, sendo de 0:00 a 2:00 horas na noite, de 10:30 a 12:30 na mañá e de 16:30 a 18:30 horas na tarde. A mesma convocatoria está prevista tamén para o xoves 29 de setembro, para rematar a actual convocatoria cun paro de 24 horas o próximo 6 de outubro.

CGT telemárquetin – A Coruña

Comparte esta entrada ...