nuevo-1 pequeño

A CGT da Coruña participará na manifestación "En defensa do público" que terá lugar en Madrid o día 18 deste mes de xuño. A CGT participará para reivindicar a recuperación, para todos, dos bens incautados polo Estado e polas diferentes formas que este adopta, dos bens comúns para que sexan xestionados por todos, é dicir, polos traballadores e usuarios afectados, a través de mecanismos de democracia directa.

A CGT da Coruña non está defendendo a estatalización da vida, senón unha vida na que se administren as cousas por todos en troques do goberno das persoas, que o único que fai é xustificar un sistema económico e social inxusto como é o actual.

Por iso, a CGT da Coruña acudirá a Madrid para manifestarse con milleiros de compañeiros e compañeiras do sindicato e centos de organizacións sociais que xa anunciaron o seu apoio á convocatoria para berrar a favor da defensa dos servizos públicos e pola recuperación do que é de todos.

Comité Local da Coruña

Comparte esta entrada ...