O próximo sábado, 18 de abril, terá lugar unha concentración en oposición ao Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimento (TTIP) que están pactando secretamente Estados Unidos e a Unión Europea. O acto farase na Praza de Lugo a partir das 12:00 horas.
A CGT da Coruña apoia esta iniciativa e convoca aos afiliados e simpatizantes, e cidadanía en xeral, a que se sumen a esta Xornada de Acción Global que se fai en centos de cidades de todo o mundo.
O Comité Local da CGT da Coruña