20141028_090833O longo deste semana, do 27 ao 30 de outubro, todos os días de 9:00h a 9:30h, os traballadores e traballadoras de Correos e a CGT concéntranse nas portas do centro de traballo da Avda. de Lugo, en Pontevedra. Denuncian os abusos, desprezos e acosos que están a sufrir a diario no seu posto de traballo, provocados polos responsables da unidade con total impunidade.
"Xa fartos, pedimos o seu cese", pois "de seguir así e non se acadan solucións, verémonos na obriga de convocar unha folga ata que esta situación remate".

Comparte esta entrada ...