A CGT convoca folgas en ADIF e Renfe os días 31 de xullo e 1 de agosto ante a situación que vive o ferrocarril e en concreto
- A segregación das empresas ferroviarias, ca división de RENFE e ADIF en 4 e dúas empresas respectivamente, o que aumenta a descoordinación na seguridade na circulación e unha peor atención os clientes.
- Licitación do corredor de Levante para as operadoras privadas.
- Á falta de cadro de persoal para prestar o servizo en condicións de seguridade e calidade. En Galiza esta falta de persoal está supoñendo que en Xuño mais de 100 trens rexionais circulasen sen revisor, que os maquinistas portugueses teñan que suplir os españois na fronteira, que os cursos de formación estanse a impartir en días de lecer dos traballadores ou que en longa distancia non podan circular trens especiais por falta de maquinistas.
- Centralización das Bases de Mantemento de Infraestructura e á súa eliminación.
- Mobilizade forzosa para e externalización de cargas de traballo a empresas privadas.
- Falta de propostas de solución para as Terminais de contenedores e para a Canle de Venda das estacións de ADIF e que venden os billetes de RENFE.
- Falta de solucións para o persoal da extinta  FEVE  en canto ás habilitacións, á plena integración e garantías de futuro das e os traballadores.
- Novo regulamento de circulación que queren impoñer, sen atender ningunha das alegacións dos sindicatos, pretendendo minguar drasticamente os requisitos necesarios para garantir a seguridade na circulación.
Temos manifestado tamén o noso rotundo rexeitamento ás directrices do goberno con relación aos recortes que pretenden levar a cabo no ferrocarril e nas demais empresas públicas, eliminando a antigà¼idade e outros complementos, que recortarían os nosos salarios, ademais da conxelación salarial directa que tamén pretenden.
A posición da Ministra segundo informou na reunión é que a súa única capacidade é para falar pero non para solucionar estes problemas xa que «directrices do goberno» ou «imposicións da Unión Europea», convertendo estas reunións nun diálogo de xordos.
A CGT Â deixou claro que seguirá adiante coas mobilizacións, que continuará convocando máis porque hai un futuro incerto para os traballadores sen garantías, mentres se dan pasos que van deteriorando progresivamente as condicións laborais dos ferroviarios e ferroviarias, así como o funcionamento das empresas.
SERVIZOS MÍNIMOS ABUSIVOS
Dende CGT ímos demandar xudicialmente os servizos mínimos impostos polo Ministerio por entender que vulneran o dereito de folga o establecer uns abusivos porcentaxes de circulacións (entre o 70% e 60%)
En Galiza veranse afectados os trens de longa distancia que unen Catalunya, Euzkadi e Madrid con Galiza, así como os trens rexionais onde suprímense 24 circulacións diarias, das que 4 son trens AVANT e 12 son do corredoiro atlántico Vigo-Coruña.
Sector Ferroviario da CGT de Galicia