Os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas. Â Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.
As sección sindicais da CGT están a impulsar a participación nestas mobilizacións, co obxetivo de manter a unidade dos traballadores e traballadoras, como se veu demostrando nos últimos meses, coa finalidade de dar a coñecer e loitar contra as agresións de Movistar e as súas contratas.
As agresións empresarias e a abusiva presión á que están sometidos os traballadores e traballadoras son os mesmos nas distintas plataformas destas empresas que traballan para Movistar: Â modificacións sustanciais con cambios de horarios, turnos, presión excesiva, despedimentos, sancións, .. e un longo etcétera de penurias que están a padecer os traballadores e traballadoras.
Durante os paros terán lugar concentracións nas portas de ambas empresas; no transcurso das mesmas, tanto en Atento como en Extel os traballadores e traballadoras formarán mosaicos cun lema de denuncia das condicións laborais que padecen.