CIMG0432_webMáis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema «POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA», as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como «É indecente, xente sen casa e casas sen xente!», «Obreiro despedido, patrón colgado!», «Queremos traballar, non emigrar!», entre outros.

Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes.

 

Comparte esta entrada ...