Onte, 9 de abril, Â a empresa Atento Teleservizos decidiu unilateralmente o despido de 112 traballadores na plataforma da Coruña, pertencentes ao servizo de Atención de Empresas de Movistar.
A única xustificación que aduce a empresa e unha suposta diminución do volume de chamadas do servizo. Esta diminución é consecuencia do desvío de chamadas a outros centros de traballo, táctica que utiliza a empresa cando quere desfacerse dun número importante de traballadores.
Dende o Comité de Empresa  se considera que esta indiscriminada redución de postos de traballo só está xustificada pola avaricia da empresa para aumentar o seu beneficio. Por isto se emprenderán as accións necesarias en defensa dos postos de traballo e o cese dos abusos empresariais.
Así, o Comité de Empresa xa convocou concentracións diante da empresa na rúa de Juan Flórez 80-82, nas seguintes datas e horas:
- Do 9 ao 12 de abril,  de 12 a 13 horas e  ás 20 horas.
- Do 15 ao 19 de abril, de 12 a 13 horas e ás 19 horas.
- Do 22 ao 26 de abril, de 12 a 13 horas e ás 19 horas.
A CGT ten claro que os despidos son fraudulentos, ademáis de inxustificados, e non deixará de denunciar, en tódolos ámbitos, as prácticas abusivas de Atento e Telefónica. Coa loita, o apoio mutuo e a participación de todos os traballadores e traballadoras nas mobilizacións conseguiremos que se replanteen executar este infame despido colectivo.
Máis información: Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña